‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatre Romea, faise con tres premios
(espectáculo, dirección para Cándido Pazó e escenografía para Dani Trillo),
mentres que ‘Hugo’, de Os Náufragos Teatro, acada o premio na categoría de
espectáculo infantil
‘Terceiro acto’, do CDG, leva dous
galardóns (actriz protagonista para Belén Constenla e actor protagonista para
Eduardo R. Cunha ‘Tatán’), igual que ‘Othello’, de Voadora (iluminación para
Nuno Meira e vestiario para Silvia Delagneau) e Comando Comadres, de Matrioshka
Teatro (actriz secundaria para Anabell Gago e maquillaxe)