Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG apoia a folga do 8-M e realiza un chamamento as súas asociadas para secundala
A AAAG únese así a unha reivindicación ampla e colectiva para esixir plena igualdade de dereitos e condicións de vida, unha sociedade libre de opresión, de inxustiza e de violencias machistas, un ámbito laboral sen brecha salarial nin explotación, un mundo de coidados compartidos, de oportunidades igualitarias.
Comunicado de apoio ao pregoeiro do entroido de Santiago de Compostela
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) queren amosar a través deste comunicado o seu apoio, solidariedade e agarimo co actor, director e dramaturgo Carlos Santiago logo da polémica alentada dende certos sectores e medios con motivo do pregón do entroido de Compostela no que interpretou un dos seus personaxes máis coñecidos.
Nieves Rodríguez, nova presidenta da AAAG
A AAAG celebrou eleccións á Xunta Directiva na asemblea do pasado domingo. Mabel Rivera repetirá como vicepresidenta e Iria Sobrado, como secretaria
“A formación é fundamental para a interpretación. Se non adestras nin te renovas, nunca estarás ao 100%”
A AAAG organiza un curso de formación trimestral impartido por Fernando Tato, quen detalla as súas liñas mestras nesta entrevista
Nova xunta directiva da AAAG
O pasado domingo 11 de setembro, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Ernesto Chao. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.
Xuntanza entre a AAAG e a Deputación da Coruña sobre o XX aniversario dos Premios María Casares
A vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera, reúnese con Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación, para buscar vías de colaboración ao redor da efeméride
A AAAG renova no seu 30º aniversario a súa web, o catálogo e crea unha base de datos dos María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fundada en 1985 completa trinta anos de traballo en prol da profesionalización e visibilización dos intérpretes no sector teatral e audiovisual
Recuperamos os Manifestos Galegos do Día Mundial do Teatro
De Suso de Toro a Camilo Franco, pasando por María Xosé Queizán, Dorotea Bárcena ou Ramón Villares. As Xuntas Directivas encargáronlle nos diferentes anos a diversas personalidades da cultura galega á elaboración dos Manifestos Galegos. Recuperamos unha escolma daqueles textos no noso web.