'Existe o teatro galego?' Dese xeito, Montse Dopico titula o manifesto que lerá o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña durante a gala dos XX Premios de Teatro María Casares

Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
'Existe o teatro galego?' Dese xeito, Montse Dopico titula o manifesto que lerá o próximo 30 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña durante a gala dos XX Premios de Teatro María Casares
De Suso de Toro a Camilo Franco, pasando por María Xosé Queizán, Dorotea Bárcena ou Ramón Villares. As Xuntas Directivas encargáronlle nos diferentes anos a diversas personalidades da cultura galega á elaboración dos Manifestos Galegos. Recuperamos unha escolma daqueles textos no noso web.
O escritor Xurxo Borrazás será o encargado de redactar e ler o Manifesto Galego do Teatro nestes XIX Premios de Teatro María Casares. O escritor titulou o seu texto cun directo Teatro. O autor subirá ao escenario do Teatro Rosalía de Castro o próximo 26 de marzo na gala dos galardons escénicos.
O xornalista Camilo Franco encargouse ler elaborar o Manifesto Galego nos XVIII Premios María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia escolleu o xornalista e escritor polo seu traballo na visibilidade da escena do país. "O teatro precisa da información e da crítica", sinalou o presidente da entidade, Avelino González
A xunta directiva da AAAG decidiu convidar a Cesáreo Sánchez como compañeiro de viaxe nun momento en que o papel que xoga a lingua resulta fundamental. Cesáreo Sánchez lerá este manifesto na gala dos XVII Premios María Casares, que se celebrará o próximo mércores 27 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), será o encargado de ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro durante a cerimonia dos XVII Premios María Casares. Deste xeito, o escritor subirá o próximo 27 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler un texto propio no que destacará a relevancia das artes escénicas no desenvolvemento social e cultural do país.
Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, encargouse de ler o Manifesto.
Gustavo Pernas foi o encargado de redactar e ler o Manifesto do Teatro no ano 2009