Secundarán o chamado do comité de empresa a unha gran mobilización para rescatar a radiotelevisión pública e poñela ao servizo da cidadanía
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Secundarán o chamado do comité de empresa a unha gran mobilización para rescatar a radiotelevisión pública e poñela ao servizo da cidadanía
Mesa do Audiovisual Galego está integrada por: Academia Galega do Audiovisual – AGA, Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG, Asociación Galega de Produtoras Independentes – AGAPI, Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización – CREA, Asociación Sindical Galega de Guionistas – AGAG, Cluster Audiovisual Galego – CLAG e Coordinadora Galega de Festivais de Cinema – PROXECTA.
Esta sesión informativa terá lugar o vindeiro luns 11 de novembro entre as 11 e as 13 horas na sede de AISGE en Santiago de Compostela (Rúa Monte dos Potes, 14).
Corenta entidades agrupadas na plataforma Por unha CRTVG ao servizo do pobo, na que se atopa integrada a a AAAG, presentou no Parlamento de Galicia unha iniciativa Lexislativa Popular, (ILP) Liberemos a Galega!, que ten como obxectivo garantir por lei o pluralismo no ente, a defensa da identidade e a lingua galega, así como a promoción da igualdade.
Comunicado conxunto das Asociacións profesionais audiovisuais sobre o novo anteproxecto de Lei de Medios Públicos da Xunta
A AAAG amosa así o seu apoio ao Comité Intercentros e súmase á indignación que está a espertar o amentado anteproxecto, tanto polo seu lesivo contido como polo proceder da Xunta de Alfonso Rueda. A AAAG considera que o anteproxecto de lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital non conduce a ningunha outra parte que non sexa a disolución completa da verdadeira natureza dun medio público.
A AAAG lamenta o falecemento do actor e envíalles aos seus seres queridos todo o seu agarimo e todo o seu apoio nestes momentos.
A AAAG inclúese dentro das entidades que apoian esta iniciativa
As tarifas incrementaranse un 3,1% con efectos retroactivos ao 1 de xaneiro. Tras a súa publicación do BOE, xa podedes reclamar as empresas que vos contrataran este ano a correspondente suba das nóminas datadas en 2024.