A AAAG, coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, iniciou este luns os obradoiros trimestrais de voz, impartido por Jesús Aladrén, e de interpretación con Víctor Duplá.

Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG, coa inestimable colaboración da Fundación AISGE, iniciou este luns os obradoiros trimestrais de voz, impartido por Jesús Aladrén, e de interpretación con Víctor Duplá.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) colabora con CREA (Asociación de Directores de Galicia) na organización do Taller Introdutorio á técnica Sandfor Meisner. Trátase dunha forma novidosa na que dirixir a un actor coñecendo e entrenando a técnica. Virá da man de Iñaki Moreno, actor, coach de actores e director de cine e teatro. Actualmente forma parte importante da rede iberoamericana de técnica Sandford Meisner, é docente regular en Bos Aires e imparte seminarios e talleres por distintas escolas de España e Latinoamérica. Este taller, ademais, conta co apoio da Fundación SGAE.
Coa colaboración de AISGE, a AAAG convoca este obradoiro dirixido a actores e actrices con experiencia na interpretación ante a cámara, impartido por Giselle Llanio. Terá lugar os días 5, 6, 12 e 13 de decembro, cunha duración de 20 hora
Coa colaboración de AISGE, a AAAG convoca este obradoiro dirixido a actores e actrices que desexen profundar no traballo de corpo e movemento, ademais de buscar un ollar diferente na creación contemporánea
A AAAG, coa inestimable colaboración de AISGE, convoca este curso impartido por Víctor Duplá, que cunha duración de 30 horas repartidas en 6 xornadas, terá lugar na sede de SGAE en Santiago de Compostela do 22 ao 24 e do 28 ao 30 de novembro
Implicadas no desenvolvemento convoca esta masterclass, na que colabora a AAAG, que terá lugar o sábado 12 de setembro no Museo Provincial de Lugo, impartida por Mangai, dramaturga támil, directora de teatro e profesora universitaria na India.
Os cursos de interpretación audiovisual estaban definidos de cote como de “interpretación diante da cámara”. Esa “cámara” en realidade era cámara de cine. Hoxe en día a cousa mudou claramente, a cámara que máis ficción grava é a de televisión e outros formatos como as series web. Este curso está destinado a familiarizarse co que supón traballar neste tipo de formatos dende o punto de vista de quen interpreta.
O curso está enmarcado no proxecto Buxiganga, unha aposta da delegación de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo pola promoción do teatro afeccionado na provincia de Lugo que cumpre xa 7 anos e que conseguiu que se crearan moitas novas agrupacións teatrais. E agora ten esta vertente formativa para profesionais.
Este obradoiro ten como obxectivo proporcionar una visión global dos recursos que nos ofrece a rede. Nel aprenderemos a identificar cales son os espazos e as ferramentas que máis se axeitan á hora de divulgar o noso traballo, tanto individual como colectivamente.