O Diario Cultural, en colaboración coa AAAG, realizou un percorrido pola vida de María Casares a través da poesía que a acompañou ao longo dos anos e a súa propia voz, extraída da entrevista que a TVG lle fixo a actriz no programa XENTE NOSA.

Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
O Diario Cultural, en colaboración coa AAAG, realizou un percorrido pola vida de María Casares a través da poesía que a acompañou ao longo dos anos e a súa propia voz, extraída da entrevista que a TVG lle fixo a actriz no programa XENTE NOSA.
O Salón Teatro acollerá mañá martes, día no que se cumpren vinte anos da súa morte, un ciclo especial coa proxección d'O testamento de Orfeo' e un coloquio sobre a súa figura histórica
O próximo 22 de novembro, cúmplense vinte anos do falecemento de María Casares. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) e Cineuropa celebran un ciclo especial: Vinte anos sen María Casares.
A investigadora María Lopo presentou o 14 de abril na Casa Museo Casares Quiroga o seu libro 'O tempo das mareas', unha nova achega bibliográfica con fotografías e materiais descoñecidos sobre a actriz coruñesa
As actrices Sabela Hermida, Manuela Varela, Amalia Gómez e Rebeca Montero, dirixidas por Lino Braxe, serán as encargadas de recitar unha escolma das poesías que máis marcaron e influíron a actriz María Casares. O acto celébrase na Biblioteca da Casa Museo Casares Quiroga da Coruña ás 20.00
A Casa Museo Casares Quiroga acollerá mañá ás20.00 horas un coloquio sobre a súa figura coa participación dohistoriador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a autorada súa primeira biografía en galego Arancha Estévez
O historiador Emilio Grandío, profesor titular e doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa traxectoria investigadora no marco da memoria histórica no contexto galego, prestándolle especial atención á cidade e á provincia da Coruña.
A actriz e investigadora Sabela Hermida realizou unha ampla tese de doutoramento no ano 2013 sobre a figura de María Casares. Baixo o título Desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencialista francés, Hermida afonda na pegada artística e intelectual da actriz coruñesa nunha das correntes intelectuais máis destacadas do século XX.
A sesión homenaxe celebrarase este martes 29 de marzo ás 19.30 horas e consistirá na proxección da película 'Les enfants du pradise' e un coloquio entre a investigadora Sabela Hermida e o historiador de cine José Luis Castro de Paz.