A investigadora María Lopo presentou o 14 de abril na Casa Museo Casares Quiroga o seu libro 'O tempo das mareas', unha nova achega bibliográfica con fotografías e materiais descoñecidos sobre a actriz coruñesa

Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A investigadora María Lopo presentou o 14 de abril na Casa Museo Casares Quiroga o seu libro 'O tempo das mareas', unha nova achega bibliográfica con fotografías e materiais descoñecidos sobre a actriz coruñesa
A Casa Museo Casares Quiroga acollerá mañá ás20.00 horas un coloquio sobre a súa figura coa participación dohistoriador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a autorada súa primeira biografía en galego Arancha Estévez
O historiador Emilio Grandío, profesor titular e doutor en Historia da Universidade de Santiago de Compostela, centrou a súa traxectoria investigadora no marco da memoria histórica no contexto galego, prestándolle especial atención á cidade e á provincia da Coruña.
A actriz e investigadora Sabela Hermida realizou unha ampla tese de doutoramento no ano 2013 sobre a figura de María Casares. Baixo o título Desenvolvemento artístico de María Casares dentro do marco existencialista francés, Hermida afonda na pegada artística e intelectual da actriz coruñesa nunha das correntes intelectuais máis destacadas do século XX.
Arancha Estévez, xornalista e autora, desenvolveu a primeira biografía de María Casares en Galicia. Trátase dun volume da colección Mulleres, d'A Nosa Terra, que abriu con dous libros dedicados a actriz e, o outro, a Maruxa Mallo.
María Lopo, investigadora ao redor da figura de María Casares e autora do libro 'Cartas do exilio', no que recolle a correspondencia entre a actriz e o seu pai Santiago Casares Quiroga. Falamos con ela sobre a vida e a traxectoria da intérprete que dá nome aos Premios de Teatro da AAAG.
Este ano celebramos a vixésima edición dos Premios de Teatro María Casares. E neste 2016, ademais, celébrase o vinte aniversario do seu falecemento. Percorremos a continuación -e brevemente- a súa intensa vida e longa traxectoria. A vida dunha actriz universal, dunha muller libre.
Na primavera de 1985 nacía a Asociación de Actores e Actrices de Galicia. Iniciaba con ela o asociacionismo no ámbito das Artes Escénicas no noso país, un fenómeno impulsado por un grupo de pioneiros e pioneiras que puxeron os alicerces para un grande edificio para o noso sector. Un edificio en permanente construción, de medra constante malia todo altibaixo