
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Cara ás vinte edicións dos Premio María Casares
O próximo mes de marzo celebrarase a vixésima edición duns premios de Teatro que naceron en 1997 cun proceso colectivo e un amplo apoio da profesión. Repasamos orixes da gran festa do noso teatro
O convenio colectivo teatral: dez anos de negociación, seis de vixencia
A sinatura do Convenio Colectivo de Teatro, que foi publicado polo DOG en abril de 2009, culminaba un longo proceso de máis dunha década e daba resposta ás reivindicacións primixenias da AAAG: creábase ao fin un marco laboral para toda unha profesión.
Vídeo XXX Aniversario. O Convenio de Teatro
Recuperamos os Manifestos Galegos do Día Mundial do Teatro
De Suso de Toro a Camilo Franco, pasando por María Xosé Queizán, Dorotea Bárcena ou Ramón Villares. As Xuntas Directivas encargáronlle nos diferentes anos a diversas personalidades da cultura galega á elaboración dos Manifestos Galegos. Recuperamos unha escolma daqueles textos no noso web.
A formación: dos primeiros cursos á ESAD
A xeración de intérpretes que impulsaron a creación da AAAG en 1985 caracterizábase polo seu autodidactismo. Para afianzar o oficio, a asociación impuslou dende os seus comezos os cursos de formación ao tempo que unha das súas primeiras reivindicacións foi a creación dunha escola superior.
María Casares: "Nunca soñei con ser actriz, non tiven tempo para soñar"
En 1985, Ursula Heinze publicaba coa editorial Xerais 'Mulleres', un libro de entrevistas nas que a escritora publicaba unha conversa con María Casares. Por cortesía da escritora e da editorial, recuperamos fragmentos daquel encontro
A AAAG e o audiovisual: unha defensa dende o principio
Dende a súa creación, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ten no sector o audiovisual ten o outro gran foco da súa actividade e das súas reivindicacións. Repasamos algúns momentos da vinculación da Asociación co sector.
As homenaxes do Premio de Honra Marisa Soto
Ao longo das últimas 19 edicións, o Premio de Honra Marisa Soto distinguiu a persoeiros e entidades cuxo traballo foi representativo na dignificación das artes escénicas