Unha inimiga do pobo 1
Volver

Unha inimiga do pobo

Sinopse

Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material inflamable para denunciar unha forma de facer política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que permite reflexionar sobre o poder dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública e colocala no lugar no que ao poder lle interesa. A vixencia do texto maniféstase ao descubrir como os problemas incipientes que o protagonista afrontaba no século XIX aínda se volveron máis profundos e nocivos na actualidade. Coa vontade de aproximar aínda máis a peza, a Galicia actual serve de escenario para unha proposta onde a desinformación, o poder das redes sociais, a crise ecolóxica e a depredación neoliberal deseñan un contexto hostil no que as emocións humanas son sometidas á máxima presión. SINOPSE Helena é unha doutora de prestixio internacional que regresa á vila natal para comezar unha nova etapa. Embarazada de sete meses, afronta o seu novo estado coa ilusión posta nun novo proxecto profesional: o balneario que ela mesma deseñou, e que se presenta como un alternativa turística sostible e saudable para a súa vila. A inesperada contaminación das augas da zona e a súa loita por preservar a saúde da poboación fronte aos intereses económicos van colocala no punto de mira da veciñanza, que ve como se pon en risco a prosperidade da comunidade.

Web:

https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/unha-inimiga-do-pobo

Candidaturas

  • Espectáculo : Unha inimiga do pobo Premiado/a
  • Actor Secundario : Toño Casais Premiado/a
  • Actor Secundario : Dani Trillo
  • Actor Secundario : Xurxo Barcala
  • Actor Secundario : Diego Rey
  • Actor Secundario : Rubén Prieto
  • Actor Secundario : Artur Trillo
  • Actriz Secundaria : Marta Ríos
  • Actriz Secundaria : María Ordóñez
  • Actriz Protagonista : Marta Lado Premiado/a
  • Maquillaxe : Martina Cambeiro
  • Vestiario : Martina Cambeiro
  • Iluminación : Laura Iturralde Premiado/a
  • Adaptación/Tradución : Tito Asorey e Vanesa Sotelo Premiado/a
  • Dirección : Tito Asorey Premiado/a
  • Espazo sonoro : Manu Abraldes
  • Espazo escénico : Dani Trillo Premiado/a

Compañía

TALÍA TEATRO

Data estrea:

03/03/2023

Contacto

Descargar programa