Coliño5
Volver

Coliño

Sinopse

Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e as súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. COLIÑO é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura. O primeiro COLIÑO é o da nai. Un colo cheo de vida, de latexo, de quentura…cargado de seguridade e amor. COLIÑO está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna. COLIÑO tamén é ese agarimo, ese niño de algodóns, ese saco de durmir, esa cova ou agocho que nos protexe… A COLIÑO van a parar todo tipo de seres vivos, seres que precisan doutros seres para sentirse vivos e protexidos, felices e contentos. COLIÑO mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa. COLIÑO somos moitas e moitos. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.

Web:

https://axaneladomaxin.com/espectaculos/colino/

Candidaturas

  • Espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas : Coliño
  • Actor Secundario : Xosé Breijo "Topo"
  • Actriz Secundaria : Julia Abal Rúa
  • Actriz Protagonista : Celtia Figueiras Rama
  • Texto Orixinal : Xosé Breijo "Topo"
  • Dirección : Celtia Figueiras e Xosé Breijo "Topo"
  • Espazo sonoro : Lois Prado

Compañía

A Xanela do Maxín

Data estrea:

26/02/2023

Contacto

Descargar programa