Caracola e a nena
Volver

Historia dunha nena namorada do mar

Sinopse

Historia dunha nena namorada do mar é unha peza de teatro chea de tenrura e comicidade. Dirixida ao público familiar tanto para a rapazada como persoas adultas, 50 min para rir, cantar e chorar. Esta Historia fala dos soños, da vontade de ser e chegar a ser o que a nosa alma expresa, sobre todo para unha nena galega que nace e medra preto do mar. Ela quere ser Mariñeira. Fala de empoderamento persoal como muller nunha profesión de homes, de aprender por símesma a nadar, a remar, ... a vivílo en comunidade, a namorarse coa xente do mar e a xerga domar. É divertida a través das dramatúrxias visuais e clownescas con mensaxes sobre o cambioclimático, o coidado polo mar e sobre todo o sentimento de pertenza a este elemento danatureza como ser anímico que nos fala. Arquivo sonoro do mar da Costa da Morte. Monicreques e música en directo.

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Historia dunha nena namorada do mar
  • Actriz Protagonista : Soraya Lema
  • Iluminación : Pedro Amperio
  • Texto Orixinal : Soraya Lema
  • Dirección : Soraya Lema e cía
  • Dirección de movemento : S.L.C e A.G
  • Espazo sonoro : Xaquín Lema e Javi Sampedro
  • Espazo escénico : Falcón Branco, Soraya Lema . Monicreques: Títeres alakrán

Compañía

O sol de outono teatro

Data estrea:

30/04/2023

Contacto

Descargar programa