Kyoki | Elefante Elegante | Fotografía de Vanessa Rábade
Volver

Kyoki

Sinopse

É unha creación destinada ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. O espectáculo aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade. KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita aparecer en persoas de idade avanzada, mais... Quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saiu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo? KYOKI retrata un deses días catastróficos máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que perdendo a cabeza recobran dalgun xeito a inocencia que o tempo e as inclemencias do camiño un día se levaron. A través dunha linguaxe xestual fundamentada na manipulación de obxectos e a interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotidiana. KYOKI evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou outro podemos recoñecer como presentes nas nosas vidas. É unha ollada cómplice, reflexiva e sensible ao univeso dos conflitos que protagonizan as persoas que precisan ser coidadas tanto como os que viven as propias coidadoras.

Web:

https://elefanteelegante.net/gl/espectaculos/kyoki/

Candidaturas

  • Espectáculo Infantil : Kyoki
  • Actor Secundario : Mario Rodríguez
  • Actriz Protagonista : María Torres
  • Vestiario : Carolina Díguele
  • Iluminación : Nacho Martín
  • Dirección : Gonçalo Guerreiro
  • Dirección de movemento : Gonçalo Guerreiro e María Torres
  • Espazo sonoro : Manuel Fonte
  • Espazo escénico : Gonçalo Guerreiro

Compañía

Elefante Elegante

Data estrea:

20/11/2023

Contacto

Descargar programa