Volver

Aberto o prazo de inscrición nos XVIII Premios de Teatro María Casares

Os galardóns do teatro poñen en marcha a súa XVIII edición. Para inscribir o voso espectáculo tedes que encher o formulario ou descargar a ficha de inscrición.

Un ano máis a Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os Premios de Teatro María Casares, que alcanzan a súa XVIII edición.

Poderán participar todos os espectáculos de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de Xaneiro e o 31 de Decembro de 2013.

Para inscribir o voso espectáculo tedes que encher o formulario ou descargar a ficha de inscrición e seguir as instruccións que figuran aquí