A AAAG inclúe modificacións nas bases co obxectivo de velar que todas as compañías participantes nos galardóns cumpran o Convenio de Actores e Actrices de Teatro de Galicia. O proceso de inscrición realizarase en exclusiva a través da aplicación en liña incluída na web da Asociación
Novas
Todas as novidades sobre os premios
Os XXI Premios María Casares xa teñen gañadores
‘O tolleito de Inishmann’, de Contraproducións e FIOT Carballo, faise con 5 galardóns e ‘Eroski paraíso’, de Chévere, faise con 4.
‘Eroski Paraíso’, de Chévere, faise cos premios á mellor dirección e mellor espectáculo
A gala dos XXI María Casares retransmitirase en directo por streaming a través da páxina web da TVG
Hoxe mércores 29 de marzo a partir das 20.50 horas poderedes ver a gala dos XXI Premios de Teatro María Casares dende a páxina web da CRTVG. Poderás seguila por esta ligazón, que entrará en funcionamento ás 20.50 horas.
A Gala dos María Casares tratará “con humor e desenfado” a relación entre o teatro e a administración ao ritmo do son cubano
Pepo Suevos dirixirá e presentará a gala dos XXI Premios de Teatro María Casares, que se celebrará ás 20.30 horas no Teatro Rosalía da Coruña. Os actores Josito Porto, Silvana Sestelo, Marta Lado, Alberto Rolán, Patricia Torres e Roberto Leal conforman o elenco dunha gala cuxa escenografía estará realizada por Suso Montero. Emitirase por streaming na páxina web da TVG e pola TVG a partir das 23.45 horas,
Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro 2017: Quen hai aí?
Por Imma António
A AAAG lembrará a María Casares cun coloquio na Casa Museo Casares Quiroga e a proxección da película ‘Orfeo’ no CGAI
Este xoves 23 de marzo, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá ás 19.30 horas a proxección da entrevista de 1981 a María Casares do histórico programa ‘A fondo’ de TVE e un coloquio no que participarán Manuel Lourenzo, Mabel Rivera e María Lopo
Pepo Suevos dirixirá e conducirá a gala dos XXI Premios de Teatro María Casares
Suevos estará acompañado por un elenco conformado por Silvana Couñago, Roberto Leal, Josito Porto, Alberto Rolán, Marta Lado e Patricia Torres. A música correrá a cargo dunha banda cubana que traerá o son e a salsa á gala
Eduardo Alonso, Premio de Honra Marisa Soto 2017
A AAAG homenaxea a Eduardo Alonso, director e dramaturgo, primeiro director do Centro Dramático Galego e fundador, xunto a Luma Gómez, da compañía Teatro do Noroeste, que neste 2017 vén de cumprir 30 anos de traxectoria escénica
A actriz e dramaturga Imma António lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro na gala dos María Casares
A dramaturga e actriz Imma António será a encargada de redactar e ler o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatrodurante a gala dos XXI premios de Teatro María Casares. Deste xeito, Imma António subirá o vindeiro mércores 29 de marzo ao escenario do Teatro Rosalía Castro para ler o seu texto