Volver

Un total 24 espectáculos no Galicia Escena Pro

Do 3 ao 6 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición de Galicia Escena PRO, para dar a coñecer parte da nova produción escénica galega cara a vindeira temporada.

Un total de vinte catro compañías amosarán os seus novos espectáculos na nova edición de Galicia Escena PRO, que se celebrará en Compostela entre o 3 e o 6 de novembro. Durante catro días, vinte-catro compañías de teatro, danza e novo circo amosarán os seus espectáculos en catro espazos escénicos da cidade en dúas modalidades: 14 representacións en formato completo e 10 representacións en formato showcases cunha duración de 20 minutos. Ademais nesta edición, como actividade paralela, haberá o día 6 de novembro unha sesión en formato Pitching, onde 15 compañías presentarán aos asistentes os seus proxectos teatrais.

Os espectáculos que se amosarán os formatos completos son:

-Panamericana (A Panadaría)

-AIRnoAR (AIREnoAR)

-Luppo (Baobab Teatro)

-Feo! (Caramuxo Teatro)

-Jim e a illa do tesouro (Eme2 emocion&arte)

-Xoga (Entremans)

-Don Quixote, unha comedia gastronomica (Limiar Teatro)

-Noiteboa (Redrum)

-Ensaio sobre a cegueira (Sarabela)

-Unhas poucas picadelas (Teatro de Ningures)

-O principio de Arquímedes (Teatro do Atlántico)

-Presidente (Teatro do Morcego)

-Peer Gynt (Viravolta Títeres)

-Calypso (Voadora)

Pola súa banda, os espectáculos seleccionadas no apartado showcase son:

-Ulises e a nena durmida (Ánxela Blanco)

-Non toques os meus circulos (Artello teatro)

-Zugunruhe (ArtesaCía)

-Xurdefet (Berrobambán)

-STRPTS// Episodio 1: Miro&Rula (Colectivo Cinema Sticado)

-O furancho (Ibuprofeno Teatro)

-Baraka (Mago Xacobe)

-Manawee (Matrioshka Teatro)

-Abrente (Nova Galega de Danza)

Para calquera dúbida, pódese contactar co departamento de programación da AGADIC (881 996 087)

http://www.agadic.info/galiciaescenapro