Volver

Xabarín xa!

Etiquetas:

Reclamamos que se cumpran os acordos acadados no Parlamento galego respecto á Iniciativa Xabarín, aprobados por unanimidade no 2021

A Iniciativa Xabarín pola programación infantil e xuvenil en galego na televisión aprobouse por unanimdade no Parlamento galego en maio de 2021, despois de meses sumando o apoio de ducias de colectivos e de máis de 33.000 persoas entre os que se atopa a AAAG. Sen embargo, seguen sen cumprirse acordo parlamentar e dos aspectos favorábeis ao galego da lexislación estatal. A Mesa pola normalización lingüística lanza hoxe unha campaña para exixir o seu cumprimento, “xa”, por parte da TVG e de TVE.

Malia a súa maior responsabilidade as televisións públicas son as que máis incumpren. A TVG continúa a limitar a programación á 2ª canle, sen que teñamos visto nestes tres anos ningún avance para a creación dunha canle temática nunha plataforma dixital própria, nin acordos para a inclusión nas operadoras de TV dispoñíbeis. TVE, pola súa banda, incumpre descaradamente e sen rubor a lexislación: desde a aprobación da Lei audiovisual emitiu 0 programas infantís ou xuvenís en versión orixinal, dobrada ou lexendada en galego.

Asina para que se implementen de forma inmediata máis contidos infantís en galego na Televisión de Galicia en https://www.amesa.gal/manifestos/xabarin-xa/