Volver
Dúas donas que bailan
Sinopse
Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París e con rematar unha colección de tebeos da infancia, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos, cos que non mantén moi boa relación, e tamén do dono do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda.
A filla, en tanto non consegue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana.
A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario non ten nada que envexar se o comparamos co da vella, outrora unha muller rebelde e activista.
A presenza desta muller non é ben recibida, e cada xornada convértese nun inquietante e por veces cómico “toma e daca”, que vai evolucionando sorprendentemente a cada instante.
Neste novo agasallo teatral, Benet i Jornet fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes, nunha viaxe intensa, divertida, brutalmente conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar
Web:
http://www.teatrodoatlantico.comCandidaturas
- Espectáculo : Dúas donas que bailan
- Actriz Protagonista : María Barcala
- Actriz Protagonista : Mª Ángeles Iglesias
- Vestiario : Susa Porto
- Iluminación : Xúlio Lago / Antonio Simón
- Escenografía : Antonio F.Simón
- Adaptación/Tradución : Aleixandre Lago
- Dirección : Xúlio Lago
Compañía
Teatro do Atlántico
Data estrea:
19/10/2018