Volver
Estrela do día
Sinopse
Sabías que se conservan mais de 400 milagres de Santa María, en códices do século XIII... en galego?
Sabías que a Divina Señora adquiría as formas máis sorprendentes para axudar ás persoas infelices que llo pedían?
Sabías que nos tempos de medo e incerteza que estamos a vivir, hai millóns de persoas que siguen a pedir un milagre de María, a Estrela Matutina?
Sabías que a maioría dos milagres da Señora serían hoxe condenados pola igrexa e perseguidos polo código penal?
Para contar todas estas cousas, P.T. Excéntricas apresenta, ESTRELA DO DÍA, unha comedia divina, chea de cor, de música, de misterio e de humor. A palabra poética dos códices foxe do libro e encárnase na escena. As personaxes saen das miniaturas medievais e chegan aos nosos días da man e do talento de EVARISTO CALVO, ROCÍO GONZÁLEZ, VÍCTOR MOSQUEIRA e PATRICIA VÁZQUEZ.
Web:
www.excentricas.netCandidaturas
- Espectáculo
- Actor Protagonista : Evaristo Calvo
- Actor Protagonista : Víctor Mosqueira
- Actriz Protagonista : Rocío González
- Actriz Protagonista : Patricia Vázquez
- Vestiario : Uxía P. Vaello
- Iluminación : Laura Iturralde
- Escenografía : Laura Iturralde
- Música Orixinal : Nacho Muñoz
- Texto Orixinal : Quico Cadaval
- Dirección : Marcos PTT Carballido
- Espectáculo : Estrela do día
Compañía
Producións Teatrais Excéntricas
Data estrea:
27/02/2021