Volver

Obradoiro de preparación ao casting, con Eva Leira e Yolanda Serrano

Este obradoiro está especialmente dirixido a actores profesionais e a estudantes de Arte Dramática ou Interpretación que queiran saber como adaptar as súas cualidades interpretativas ao medio audiovisual. O obxectivo final é conseguir que os profesionais aprendan a sacar o mellor de si mesmos no momento do casting.

O obradoiro é fundamentalmente práctico e dividirase en dúas xornadas de traballo nas que se realizará un traballo individual e un por parellas. As secuencias individuais as asignarán as docentes conforme ao perfil do actor/actriz, mentres que as secuencias por parellas distribuiranse e traballaranse durante o obradoiro.

Eva Leira e Yolanda Serrano teñen traballado con directores como Carlos Saura, Manuel Martín Cuenca, Montxo Armendáriz, Alberto Rodríguez, Iciar Bollaín, Daniel Sánchez Arévalo, Daniel Monzón, Kike Maillo, J. A Bayona… e outros directores internacionais como Ken Loach, Steven Soderbergh, Jim Jarmusch, Alejandro González Iñárritu.

En cine e TV figuran como responsables de Casting de series como “Cuestión de sexo”, “Doctor Mateo”, “El Tiempo entre Costuras”ou “El Secreto de Puente Viejo” e filmes como “El Niño” de Daniel Monzón, “8 Apellidos Vascos” de Emilio Martínez-Lázaro, “El Desconocido” de Dani de la Torre o “La Isla Mínima” de Alberto Rodríguez.

Datas e duración:

O obradoiro ten unha duración de 16 horas, repartidos en dúas xornadas de 8 horas o 25 e 26 de Outubro de 2014, en horario de 10h. a 14h e de 15h a 19h.

Lugar:

Sala 2 da sede noroeste da SGAE. Rúa das Salvadas 2A, Parque Vista Alegre, 15705, Santiago de Compostela http://goo.gl/maps/LO3pb

Prezo:

120 euros socios da AAAG. 250 euros non socios

Inscrición: Do 15 de outubro ás 0:01 h. ao 19 de outubro ás 23:59h, enviando esta ficha debidamente cubert, xuntando curriculum vitae e fotografía recente á caixa de correo info@aaag.es ou a través do formulario que figura ao pé. Nota: Os socios de AAAG que teñan actualizados os seus materiais no Catálogo on-line da AAAG http://aaag.es/?page_id=1761 non será necesario que envíen de novo o CV. Prazas e selección de candidatos: Este obradoiro ten 18 prazas. A selección realizarase por orde de inscrición. Comunicarase o listado de admitidos o luns 20 de outubro, ou cando as prazas estean cubertas Reserva praza e forma de pago Unha vez comunicada a admisión os candidatos seleccionados deberán ingresar o importe do curso mediante transferencia bancaria na CC ABanca ES79 2080 0348 3530 4000 9198 cuxo titular, indicando no concepto nome do alumno e nome do curso, e enviando xustificante á caixa de correo info@aag.es no prazo indicado na comunicación de admisión. Aquelas prazas das persoas admitidas que non realicen o ingreso no prazo indicado cubriranse cos candidatos que queden en lista de espera. A organización reservase a potestade de suspender a realización do obradoiro no caso de non acadar un mínimo de inscricións. Importante: O material gravado durante o curso quedará a disposición das docentes.