Volver

O LAV016 abre o prazo de inscrición para os seus obradoiros en formación audiovisual

A formación estará a cargo de recoñecidos profesionais como Mariana Carballal, Alfonso Zarauza e Jaione Camborda, Xoan Escudero, Jorge Coira, Xacobo Castro

O LAV016, Laboratorio Audiovisual de Vedra, chegará en febreiro de 2016 á súa novena edición, procurando de novo ofrecer a afeccionados e profesionais a oportunidade de adquirir novos coñecementos no eido audiovisual. Os obradoiros do LAV016 celebraranse no CPI de Vedra na fin de semana do 13 e 14 de febreiro de 2016. Serán en total 11 cursos, 3 deles obradoiros de balde dirixidos a rapaces e rapazas menores de idade.

A Asociación Senunpeso abriu xa o prazo para inscribirse nos 8 cursos dirixidos a afeccionados e profesionais. A inscrición nos 3 cursos para xente nova abrirase á volta das vacacións de Nadal. O programa das xornadas combina as materias máis diversas relacionadas coa linguaxe audiovisual. A través de cursos con contido teórico e práctico, búscase que os participantes gañen autonomía creativa e expresiva.

Esta é a relación de cursos do LAV016 para os que se abre agora a matrícula.:

Realización de videoclips, con Mar Catarina e Rubén Domínguez

Interpretación para televisión, con Mariana Carballal

Dirección de actores e actrices, con Jorge Coira

Escritura de guión de longametraxe, con Alfonso Zarauza e Jaione Camborda

Creación audiovisual en tempo real, con Oswaldo García

Sonorización de eventos, con Xacobo Castro

O son, do low cost ao cinematográfico, con Xoan Escudero

Kung fu fotográfico, con Paco Rocha

A inscrición no Laboratorio Audiovisual de Vedra está aberta ata o 1 de febreiro a través da web www.senunpeso.org, con prezos bonificados para estudantes da Universidade de Vigo e asociacións do concello de Vedra