O Diario Cultural, en colaboración coa AAAG, , realizou un percorrido pola vida de María Casares a través da poesía que a acompañou ao longo dos anos e a súa propia voz, extraída da entrevista que a TVG lle fixo a actriz no programa XENTE NOSA: O exilio, a República, o teatro, Albert Camus, a morte de Franco...
María Casares. Vida e poemas 1. Exilios
Maria Casares fala dos seus dous exilios: o que a levou primeiro de Galicia a Madrid na infancia e o exilio tras a Guerra Civil. A propia actriz recita "Na morte da miña nai", de Curros
María Casares. Vida e poemas 2. República
María Casares fala da proclamación da República. María Mera recita o poema Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados.
María Casares. Vida e poemas 3. O teatro
María Casares explica o que significou o teatro para a súa vida. Diana González recita "El arrepentimiento", Jorge Luis de Borges
María Casares vida e poemas 4. A morte de Franco
María Casares lembra como recorda o falecemento do ditador. Isabel Naveira recita El desahucio, de Rafael Alberti.
María Casares vida e poemas 5. Albert Camus
María Casares fala de Albert Camus, da súa relación persoal e artística. Sabela Gago le un fragmento de 'Cartas dun amigo alemán, de Camus.