Con esta distinción, a Asociación de Actores e Actrices recoñece a longa traxectoria profesional dunha intérprete que, ao longo de sesenta anos, traballou sobre os escenarios de Galicia, España, Francia, Bélxica e América Latina. Pereira unirase, deste xeito, á nómina de profesionais e colectivos teatrais que recibiron dita mención dende a súa creación en 1997.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Nomeados aos XVII Premios de Teatro María Casares
A Plataforma das Artes Escénicas convoca unha asemblea aberta
Celebrarase ás portas do Salón Teatro de Compostela ás 12.00 horas este luns 28 de xaneiro.
Masterclass de Nacho Vigalondo e Eduardo Chapero-Jackson
A Academia Galega do Audiovisual organiza o mércores 21 de decembro unha masterclass a cargo de Eduardo Chapero-Jackson, e outra para o xoves 22 que levará a cabo Nacho Vigalondo, ambas sobre as facetas da dirección de cine.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XVII Premios de Teatro María Casares
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca unha ano mais os Premios de Teatro María Casares . Poderán optar a estes premios todas as producións galegas de teatro de actor feitas en lingua galega, estreadas en Galicia entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2012, así como todos os profesionais que participen nas montaxes comprendidas nese período de tempo.
Comunicado da Plataforma das Artes escénicas diante da Folga xeral convocada para o 14 de Novembro
MANIFESTO GALEGO DO DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO 2012
Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, encargouse de ler o Manifesto.
Nova Xunta Directiva da AAAG
O domingo día 8, ás 11:00h, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral na que os membros da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Tal como se anunciara, deuse unha ampla renovación na dirección, para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAG na defensa e promoción dos actores e actrices galegos.
Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño
A Real Academia Galega escolle o dramaturgo, actor e director teatral como homenaxeado nas Letras Galegas do próximo ano.