A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fundada en 1985 completa trinta anos de traballo en prol da profesionalización e visibilización dos intérpretes no sector teatral e audiovisual
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Recuperamos os Manifestos Galegos do Día Mundial do Teatro
De Suso de Toro a Camilo Franco, pasando por María Xosé Queizán, Dorotea Bárcena ou Ramón Villares. As Xuntas Directivas encargáronlle nos diferentes anos a diversas personalidades da cultura galega á elaboración dos Manifestos Galegos. Recuperamos unha escolma daqueles textos no noso web.
A AAAG, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a Mostra de Teatro de Cangas impulsan un estudo sobre a brecha laboral entre homes e mulleres no sector
Diferentes representantes das entidades reuníronse coa responsable da Secretaría Xeral da Igualdade, Susana López Abella, para propoñerlle a elaboración dun estudo sociolóxico e con perspectiva de xénero sobre a brecha laboral que sofren as mulleres no sector das artes escénicas e do audiovisual.
Nova xunta directiva da AAAG
O 17 de xuño, a Asemblea da AAAG elixiu unha nova xunta directiva. Estará encabezada como presidente por Vicente Mohedano. Na Vicepresidencia contaremos con Mabel Rivera, e Iria Sobrado asumirá a Secretaría.
A Asociación de Escritoras e Escritores en lingua Galega premia a AAAG
A Asociación Escritoras-es en Lingua Galega, AELG, vén de outorgar o seu Premio «Os Bos e Xenerosos» que este ano vai para distintos axentes da xeografía escénica galega, entre eles, a AAAG.
Nova Xunta Directiva da AAAG
Avelino González ocupará a presidencia, mentres que Victoria Pérez será a vicepresidenta. Na secretaría estará Guillermo Carbajo. A Asemblea Xeral celebrouse o pasado domingo 22 de setembro.
Faleceu o noso compañeiro Pico
Nova Xunta Directiva da AAAG
O domingo día 8, ás 11:00h, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral na que os membros da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Tal como se anunciara, deuse unha ampla renovación na dirección, para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAG na defensa e promoción dos actores e actrices galegos.
Asociacións das Artes Escénicas reúnense para canalizar iniciativas na defensa do tecido cultural