A AAAG iniciou o seu ciclo de encontros de debate cunha primeira sesión que contou coa participación de José María Besteiro, Olga Osorio, Noemi Chantada e Camila Bossa con Marta Veiga exercendo de moderado. A cita versou sobre o papel, o recoñecemento e o traballo das mulleres no sector.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
'Ten cona o audiovisual galego?', primeira sesión do ciclo de encontros e debates 'Escaramuzas artísticas' da AAAG
A AAAG inicia o vindeiro mércores 30 de maio ás 20.00 horas na Cafetería do Auditorio de Galicia de Santiago un formato de debates abertos ao público que versarán sobre diferentes aspectos dos sectores escénico e audiovisual
A AAAG organiza mañá mércores un coloquio sobre María Casares na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña
O acto, enmarcado no programa de actividades da Asociación para difundir a figura da actriz, terá lugar ás 20.15 horas e nel participarán a investigadora María Lopo, o dramaturgo Ernesto Is, a actriz Sabela Hermida e a vicepresidenta da AAAG, Mabel Rivera
Prazas completas para o Roteiro polas orixes de María Casares
Pecháse o prazo de inscrición, xa que está completa a asistencia.
A AAAG organiza no mes de abril un coloquio e un roteiro na Coruña polas orixes familiares de María Casares
Os XXII Premios de Teatro María Casares xa teñen gañadoras
As obras 'Elisa e Marcela', de A Panadaría; 'A cabeza do dragón', de Producións Teatráis Excéntricas; e 'Resaca', de ilMaquinario Teatro, levan catro galardóns cada unha. Pola súa banda, 'Outono', de Pista Catro, e 'A galiña azul', de Tanxarina, levan cadanseu premio
Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares
A compañía, que neste 2018 cumpre 30 anos de traxectoria escénica, ofrecerá un espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por Rubén Prieto, Diego Rey, Marta Lado, Marta Ríos, Xurxo Barcala, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais. A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña
A AAAG apoia a folga do 8-M e realiza un chamamento as súas asociadas para secundala
A AAAG únese así a unha reivindicación ampla e colectiva para esixir plena igualdade de dereitos e condicións de vida, unha sociedade libre de opresión, de inxustiza e de violencias machistas, un ámbito laboral sen brecha salarial nin explotación, un mundo de coidados compartidos, de oportunidades igualitarias.
Sanzol: “A formación é esencial para oficio, dálle á profesión flexibilidade e humanidade”
O director e autor teatral impartiu un curso de formación, organizado pola AAAG e a MIT RIbadavia coa colaboración da Fundación AISGE, na que participaron unha trintena de actores e actrices. Falamos con Sanzol sobre o obradoiro, a formación no oficio, sobre La Ternura e Teatro de la Ciudad