Marián Bañobre, Nerea Brey, Marta Pérez, Rosa Puga Davila, Mónica de Nut e Sheyla Fariña conforman o elenco, mentres que o Proxecto X (Virxilio da Silva, Paco Charlín, Diogo Silva e a propia De Nut) se encargarán de poñer a música en directo durante a gala.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Publicadas no DOG as táboas salariais para o teatro 2022
O pasado día 27 publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución do 1 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta de revisión de táboas salariais para 2022 do Convenio colectivo de actores e actrices de teatro de Galicia.
Un total de 14 espectáculos competirán como finalistas nos XXVI Premios de Teatro María Casares
Os espectáculos de ‘Othello’, de Voadora, e ‘Cigarreiras’, de Contraproducións e Teatro Romea, contan con 8 finalistas; mentres que ‘A lúa vai encuberta’, de Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, acada 7, e ‘Terceiro acto’, do Centro Dramático Galego, logra 6 finalistas
‘A lúa vai encuberta’, ‘Cigarreiras’ e ‘Terceiro acto’ competirán polo María Casares ao mellor espectáculo mentres que ‘Hugo’, dos Náufragos Teatro; ‘Quixote’, de Pedras de Cartón, e ‘Cubo’, de Elefante Elegante, farán o propio no apartado de espectáculo infantil
Leo Sousa asina o cartel dos XXVI Premios de Teatro María Casares
A gala de entrega celebrarase o vindeiro 2 de xuño no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A relación de finalistas deste 2022 darase a coñecer o vindeiro mércores 27 de abril durante a tradicional Festa de Finalistas que terá lugar na Cafetería Lasso do Auditorio de Galicia
Publicadas no BOE as táboas salariais para o audiovisual 2022
O pasado 11 de abril fíxose pública a resolución do 28 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se rexistra e publica o Acordo parcial polo que se aproba o incremento salarial para 2022 do III Convenio colectivo estatal regulador das relacións laborais entre os produtores de obras audiovisuais e os actores que prestan servizos nas mesmas.
Un total de 30 espectáculos e máis de 320 profesionais inscríbense nos XXVI Premios de Teatro María Casares
A primeira rolda de votacións xa está aberta a un censo de votantes conformado por máis de 450 profesionais do sector escénico. A finais de abril daranse a coñecer a relación de finalistas das catorce categorías nas que se estruturan os galardóns.
Fernando Dacosta enxalza no Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro a profesión escénica como “facho que reporta sabedoría á sociedade”
>> A Asociación de Actores e Actrices de Galicia(AAAG) fai público o ‘Manifesto Galegodo Día Mundial do Teatro’, que cada ano encarga a unha persoa de recoñeci do prestixio dentro da cultura do noso país.
>> Fernando Dacosta únese á longa lista deredactores/as do Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro, na que se inclúen sinaturastan destacadas como son as de Aldao &Lado, Evaristo Calvo, Imma António, MaríaXosé Queizán ou Méndez Ferrín
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia lamenta o falecemento do noso compañeiro e asociado Pedro Brandariz e queremos transmitirlles aos seus familiares e amigos o noso pesar e apoio nestes momentos
Nado en 1978, Pedro iniciouse no mundo da interpretación a finais dos anos 90 no Grupo de teatro do Concello de Oleiros, dirixido daquela por Lino Braxe e Flor Maceiras e dende entón dedicouse plenamente sobre todo na súa vertente cómica, con montaxes tanto para a rapazada como para público adulto
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca os XXVI Premios de Teatro María Casares
O prazo de inscrición de espectáculos estará aberto dende o 14 de febreiro até o 10 de marzo ás 15h.