Coa colaboración de AISGE, a AAAG convoca este obradoiro dirixido a actores e actrices que desexen profundar no traballo de corpo e movemento, ademais de buscar un ollar diferente na creación contemporánea
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
Aumenta a presenza do audiovisual galego na Galipedia trala wikimaratón de Pontevedra
Trinta persoas participan na xornada da Galipedia destinada aos contidos da televisión e o cine galegos coa participación da Academia Galega do Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Obradoiro A actriz creadora/O actor creador. O carácter, a acción e o conflito. Con Víctor Duplá
A AAAG, coa inestimable colaboración de AISGE, convoca este curso impartido por Víctor Duplá, que cunha duración de 30 horas repartidas en 6 xornadas, terá lugar na sede de SGAE en Santiago de Compostela do 22 ao 24 e do 28 ao 30 de novembro
A AAAG, Escena Galega, a Academia Galega do Audiovisual e a Mostra de Teatro de Cangas impulsan un estudo sobre a brecha laboral entre homes e mulleres no sector
Diferentes representantes das entidades reuníronse coa responsable da Secretaría Xeral da Igualdade, Susana López Abella, para propoñerlle a elaboración dun estudo sociolóxico e con perspectiva de xénero sobre a brecha laboral que sofren as mulleres no sector das artes escénicas e do audiovisual.
Convocan V Premio de Dramaturxia VARELA BUXÁN
O Concello da Estrada e a Escola de Artes Escénicas da Estrada convocan o V Premio de Dramaturxia VARELA BUXÁN.
O Teatro Rosalía Castro, sede das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas
O Teatro Rosalía Castro do Concello da Coruña será a sede principal das VIII Xornadas sobre a Inclusión Social e a Educación nas Artes Escénicas, que se levarán a cabo na semana do 18 ao 24 de abril de 2016.
Un total 24 espectáculos no Galicia Escena Pro
Do 3 ao 6 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela unha nova edición de Galicia Escena PRO, para dar a coñecer parte da nova produción escénica galega cara a vindeira temporada.
Masterclass “Poñendo en escena xénero e etnicidade” por Mangai
Implicadas no desenvolvemento convoca esta masterclass, na que colabora a AAAG, que terá lugar o sábado 12 de setembro no Museo Provincial de Lugo, impartida por Mangai, dramaturga támil, directora de teatro e profesora universitaria na India.
Lectura dramatizada "O chapeu do indixente"
O vindeiro xoves, 25 de xuño ás 20h, a AAAG en colaboración coa fundación SGAE, organiza a lectura dramatizada do texto de Julio Fernández Peláez O chapeu do indixente .