Este obradoiro ten como obxectivo proporcionar una visión global dos recursos que nos ofrece a rede. Nel aprenderemos a identificar cales son os espazos e as ferramentas que máis se axeitan á hora de divulgar o noso traballo, tanto individual como colectivamente.
Novas e actividades
Descubre todas as novidades da Asociación e as actividades que organizamos nela
A AAAG asina un convenio de colaboración ca Área de Cultura da Deputación de Lugo
O presidente da AAAG, Avelino González, participou esta tarde xunto co delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, acompañados por diferentes actrices e actores tanto amadores como profesionais da provincia, na presentación das accións formativas Buxiganga.
Obradoiro de preparación ao casting, con Eva Leira e Yolanda Serrano
Este obradoiro está especialmente dirixido a actores profesionais e a estudantes de Arte Dramática ou Interpretación que queiran saber como adaptar as súas cualidades interpretativas ao medio audiovisual. O obxectivo final é conseguir que os profesionais aprendan a sacar o mellor de si mesmos no momento do casting.
Charla ca AAAG no FITO
No marco das actividades paralelas do Festival internacional de Teatro de Ourense, FITO, convidámosvos a charlar sobre a situación do teatro en Galicia.
Que Teatro facemos? Que Teatro queremos? Como se fai teatro en Galicia?
MANIFESTO GALEGO DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO 2014
O xornalista Camilo Franco encargouse ler elaborar o Manifesto Galego nos XVIII Premios María Casares
A AGADIC convoca as axudas á produción escénica 2014
Diríxense a apoiar novos espectáculos de compañías profesionais estreados entre o pasado 1 de abril e o 31 de marzo de 2015 e destinanse un total de 600.000 euros.
Obradoiro "Actores e Actrices na rede"
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia convoca este obradoiro de 4 horas de duración para todos aqueles usuarios da rede que queren saber como sacarlle partido a nivel profesional.
Gañadores dos XII Premios Mestre Mateo
O pasado sábado a Academia Galega do Audiovisual entregou nunha gala celebrada na Coruña os XII Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego. Parabéns a todos e todas @s premiad@s e participantes
Gañadores dos XVIII Premios de Teatro María Casares
A 'Eurozone' de Chévere faise con catro galardóns, incluíndo o premio ao mellor espectáculo. 'As do Peixe', da Abrapalabra Creacións Escénicas colleitou tres premios, incluíndo mellor dirección e mellor actriz protagonista